A Casa de Covés, construída en 1932, érguese sobre os cimentos dunha edificación con máis de un século de antigüidade. Dende os seus inicios, esta casa foi un fogar cheo de vida e de historia.
En 1908, José Antonio Varela López e María Josefa Herva Varela, nativos da parroquia de Andrade, instaláronse aquí despois de casar. Os seus cinco fillos naceron nesta casa, que foi o centro da actividade familiar durante tres xeracións. A vida na Casa de Covés xiraba en torno á agricultura, á gandería e á venda esporádica de madeira dos montes circundantes, reflectindo a autosuficiencia e a laboriosidade dos seus habitantes.
En 1949, Juan Varela Herva, un dos fillos, casou con Nicolasa Leira Fernández e continuaron a tradición familiar en Covés ata 1966. Dende entón, a casa foi caendo en desuso. José, un dos fillos de Juan e Nicolasa, xunto coa súa esposa Luisa, decidiron vendela para evitar que acabase abandoada e para poder darlle unha nova vida con outra familia, e aí aparecemos nós.
Un dato histórico interesante é a proximidade dunha antiga capela, mandada construír polo arcebispo de Santiago, Don Bartolomé Rajoy e Losada, no século XVIII. Esta capela, aínda que xa non existe, representa un vínculo co pasado e coas historias que deron forma á rexión.
Hoxe a casa foi completamente renovada para ofrecer unha experiencia única, combinando a rica historia e as comodidades modernas nun entorno natural espectacular. Ven e descobre a serenidade e o encanto deste lugar cheo de lembranzas e beleza.