top of page
Casa de Covés
Situada a un paso do Parque Natural das Fragas do Eume e do Camiño de Santiago Inglés, a nosa casa no bosque, con vistas ao Castelo de Andrade e preto das praias de Cabanas e Miño, ofrece unha experiencia vacacional única. Disfruta das nosas catro amplas e elegantes habitacións, cada unha co seu baño, nunha casa centenaria e totalmente renovada e goza das comodidades da vida moderna nun entorno único. Contempla a beleza dos nosos exuberantes xardíns, date un mergullo na piscina ou saborea un delicioso churrasco baixo as estrelas. Na Casa de Covés, invitámoste a desconectar e redescubrir o pracer da natureza.
bottom of page